miércoles, 16 de marzo de 2011

III Campeonato de España Match Race Femenino

Támara revalida o seu título nacional da especialidade
El pasado sábado 12 de marzo finalizou en augas da Ría de Arousa o III Campionato de España de Match Race Feminino que, organizado polo Real Club de Regatas de Galicia.


Difícil día para ser a última xornada do encontro internacional, despois dunha semana intensa na que a boa temperatura, mar en calma e vento que, aínda que de compoñentes distintas, establecían nas fases de virazón e de mar durante horas e permitían, holgadamente, a execución do Roun Robind e das semifinais. o ultimo día, pola contra, o frío, a choiva e a case ausencia da compoñente meteorolóxica, motriz nos Elliott 6m, deixou unha final navegada con brisas frouxas de apenas 6 nós.

Con todo a emoción se estivo presente en cada momento desta última fase, cunha Silvia Roca que se viu prexudicada por unha decisión arbitral que considerou dubidosa, arbitrada a poucas esloras da chegada, no momento no que lle ía a empatar o match ao seu adversario, Ekaterina Skudina. Finalmente, a “petit final” foi para a rusa, téndose que conformar a catalá, coa cuarta praza do Open de Vilagarcía.

A mesma sorte correu o equipo de Támara Echegoyen, que levou até o último extremo ás holandesas coas que disputaba a final. Comezaron perdendo os dous primeiros match. Sacaron forza e valor e recuperaron barlovento gañando os dous seguintes, xogándose o Open xeneral no quinto e último enfrontamento. Un penalti ou infracción na presalida minguou as súas opcións saíndo con desvantaxe, unha estratexia que soubo aproveitar moi ben a holandesa Renee Groeneveld, gañando a cita de Vilagarcía de Arousa.

Aínda así, Echegoyen, Toro e Pumariega, revalidan o seu título nacional, como campioas de España, o segundo consecutivo, e o obxectivo principal neste encontro.

A próxima cita das campioas de España será en Palma de Mallorca, para disputar o Trofeo Princesa Sofía Mapfre.

Clasificación final Campionato de España
1. Támara Echegoyen
2. Silvia Roca
3. Marga Cameselle
4. Elisabeth Llargués
5. Ascensión Roca

No hay comentarios: